Domingo “Gordo” de Entroido 2017

Domingo “Gordo” de Entroido 2017

O día grande do Entroido e de maior intensidade.
A primeiras horas da mañá volven a ser protagonistas as bombas e as charangas, pero que xa non espertarán a tantos veciños, posto que serán moitos, mozos e mozas, e non tan mozos/as os que estean esperando despois dunha longa noite de alegría e diversión a chegada do desfile de comparsas e carrozas, que se concentran no Barrio de San Roque ata a súa saída.

As doce do mediodía comenza o Gran Desfile de Carrozas, Comparsas, Máscaras e Cigarróns, amenizado pola Banda de Gaitas do Concello de Verin, e das charangas, que percorrerán as rúas da vila, abarrotadas de xente, enchendoas de vida, de cores, de alegría, de música, de diversión e despreocupación, sendo numerosa a multitude de persoas, entre máscaras participantes e espectadores que terminan por aglutinarse na Praza García Barbón ao remate dese desfile popular.
Dende a tarde ata a noitiña, diversas orquestras e charangas amenizarán tanto aos veciños coma os visitantes e a partires de media noite verbena popular.

+ info do programa

Non esquezas as recomendacións de seguridade, son días de pasalo ben!!!!