Venres de Compadreo 2017

Venres de Compadreo 2017

Como nos últimos anos, o Capuchón e a Mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa durante esta xornada. A partir das 19 horas terá lugar a saída dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas para percorrer diversas rúas e prazas da vila (desde o barrio de San Lázaro), con paradas estratéxicas para mollar a gorxa e encher o bandullo. Irán acompañadas en todo momento de dous Carros do Compadreo e das charangas, e finalizará o percorrido na praza de Edesio Fuentes, onde a música acompañará a tradicional degustación de porco ao espeto.

+ info do programa

Non esquezas as recomendacións de seguridade, son días de pasalo ben!!!!