Obradoiro do Cigarrón 2015-2016

obradoiro-cigarron
Obradoiro do Cigarrón

O Concello de Verín organiza desde o ano 1997 o Obradoiro de Cigarrón. A pretensión do Obradoiro é que o traxe máis antergo e significativo do Entroido verinense se manteña dentro duns canons de respecto polas súas formas tradicionais. Para iso, ensinarase a facer todos os elementos do cigarrón, salvo o pintado da careta e os compoñentes de produción industrial.

O Obradoiro do Cigarrón ofrece a posibilidade de facer o traxe completo ou partes. No caso de que se queira facer o traxe, é indispensable ter coñecementos de confección con máquina e de calceta, e estar dispostos a levar máquina propia ou a aprender compartindo máquina.

Ademais, o Obradoiro do Cigarrón serve para informar aos participantes sobre o calzado que harmoniza co traxe, que tipo de chocallos e cantos se deben levar, ou como vestir a máscara e utilizala en público.

Onde inscribirse e prezo

A inscrición faise na Casa do Concello (Información [planta baixa]) até o día 29 de outubro, onde se lles facilitará unha relación dos materiais que precisan para desenvolver con normalidade as actividades.

Para participar en todas as actividades, a cota de inscrición é de 90 €; se se realiza só o traxe ou só a careta, a cota é de 70 €. O obxectivo é que se fagan disfraces completos. Por iso, acéptase que dúas persoas que sexan da mesma familia (parentesco até 3º grao), pagando unha única matrícula, participen complementariamente en actividades distintas, facendo unha o traxe e outra a careta.

Calendario e horarios

As actividades formativas rematarán antes do Xoves de Compadres, desenvolveranse na Casa da Xuventude, está previsto que comecen na primeira semana de novembro, en grupos de 10 persoas.

As persoas que queren facer o traxe completo deberán ter libres os martes e os mércores entre as 16:30 e as 19:30 h. No caso de facer só o traxe, os martes das 16:00 ás 19:30 h. Para facer só a careta, os mércores das 16 ás 19 h.

Se non hai demanda mínima para un grupo en cada actividade, o Obradoiro aprazarase para os meses de outono e inverno do ano 2016-2017.