cartel-infantil_web150

O CEIP Rodolfo Núñez Vilardevos de España deseña o Cartel Oficial “Desfile Infantil” do Entroido 2017

O CEIP Rodolfo Nuñez Vilardevós deseña o cartel oficial que representará o vindeiro ‘Desfile Infantil’ do Entroido 2017, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.

cartel-infantil-2017Nesta ocasión, do mesmo xeito que na anterior edición, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile, nesta ocasión, o CEIP de Vilardevós.

Tras elaborar este centro nove carteis, representantes dos CEIPs, Rodolfo Núñez de Vilardevos, Castrelo do Val, Princesa de España, Augusto Assia de A Mezquita, Colexio Rural Agrupado Monterrei, Colexio María Inmaculada, Amaro Refojo e da iniciativa “Kero Kolo” (Concello de Verín) e Riós Ventas da Barreira, seleccionaron mediante votación o cartel oficial do ‘Desfile Infantil’ 2017.

O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do Concello de Verín-.