entroido2017-150

Plan de Autoprotección para o Entroido 2017

  • O operativo reforzará a seguridade do Entroido con máis de 120 voluntarios de Protección Civil e Cruz Vermella. (VER PLAN AUTOPROTECCIÓN PDF)

presentacion-webEsta maña,  a concelleira responsable da área de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago, presentou na casa consistorial o Plan de Autoprotección para o Entroido 2017.

Seguindo a liña que a área de Seguridade Cidadá do Concello de Verín está a desenvolver nos últimos anos, co obxectivo de organizar e garantir os medios e medidas necesarias en materia de seguridade de eventos para, que tanto os veciños/as como os/as visitantes poidan gozar do Entroido de Verín sen que se poña en risco a súa saúde e integridade física, elaborouse un Plan de Autoprotección para o Entroido 2017.