comadres-2015

Xosé Lois González “Carrabouxo” e Isabel Risco pregoeiros do Xoves de Comadres

O vindeiro día 23 de febrero, o debuxante Xosé Lois González “Carrabouxo” e a actriz Isabel Risco serán os encargados de realizar o tradicional pregón dunha das xornadas máis participativas, orixinais e emblemáticas do Entroido de Verín: o Xoves de Comadres.

Tras as tradicionais ceas das comadres nos restaurantes da vila, amenizadas polas charangas Támega, Nova Terra de Trives , Jalácticos, Vakapinta e Fuego, as mulleres dirixiranse á Casa de Escudo, no barrio de San Lázaro, onde, sobre a 00:30 horas, partirá a procesión. A Raíña recibirá a comitiva encabezada por Don Carnal que descenderá polo camiño Real e dirixiranse a Praza Maior para escoitar o pregón, que pon punto seguido ás longas noites de festa non Entroido de Verín.

Xosé Lois “Carrabouxo”

carrabouxo Xosé Lois González Vázquez, alcumado O Carrabouxo, é un reputado debuxante galego. Traballou como xefe provincial de Telecomunicacións en Ourense ata a súa xubilación en 2009, labor que compartía coa súa faceta de humorista gráfico. Foi membro da directiva da Agrupación Cultural Auriense e presidente deste colectivo durante 13 anos.

Colabora con regularidade nos xornais La Región de Ourense e Atlántico Diario de Vigo e tamén na revista Tempos Novos e o semanario A Nosa Terra, coa publicación de viñetas do Carrabouxo, personaxe que comparte o pseudónimo do autor e que creou en 1982.

Participou tamén en publicación colectivas, entre as que destacan: Humor gráfico galego, Os humoristas e a lingua ou Humor y tolerancia, From Galicia whit humor, Visto para sentencia-vamos a reirnos muy en serio del racismo-europa se rie del racismo, e tamén nas publicacións da Bienal da caricatura de Ourense e na mostra internacional portuguesa Humorgrafe.

Recibiu a Medalla Castelao en 2008.

Isabel Risco

isabelriscoA actriz galega Isabel Martínez-Risco Valdivieso, coñecida como Isabel Risco, comezou no teatro universitario en 1997. Exerceu de presentadora de galas, contadora de contos e traballou na radio. Porén é como actriz televisiva como máis é coñecida, xa que durante a década de 2000 a 2010 ademais da súa actividade teatral ininterrompida desenvolveu unha intensa presenza na canle autonómica. En 2004 debutou concursando en O rei da comedia e colaborou en Máxima audiencia, despois mesmo copresentaría deste último. Zapping Commando deulle o seu primeiro papel protagonista, e a partir daí a súa vertente cómica abriulle as portas doutros diversos títulos da TVG, de cote do equipo creativo Zopilote. En 2009 colaborou humoristicamente con Víctor Fábregas como “A estraña parella” no programa Luar. Tamén actuou para curtametraxes, como a italiana Retorno a San Andrés (2006).

Entre os seus premios e recoñecementos cabe destacar o Premio Mestre Mateo, que lle foi entregado en 2014, á mellor intérprete feminina de reparto, por Era visto!.