entroido2017-150

O Domingo de Piñata clausura Entroido de Verín

050317_gan%cc%83adores_domingopin%cc%83ata_entroido_verinA celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido de Verín. Durante o acto tivo lugar un xantar popular, nun restaurante da vila, para os participantes nos desfiles de Entroido. O rematar, fíxose entrega dos galardóns de Honra, “Pescadilla” e Fidelidade por parte de Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde de Verín; Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde e das concelleiras de cultura e turismo, Emilia Somoza e Purificación Caldelas.

 

 

Os premios foron os seguintes:

– Premio Cigarrón de Honra: Manuel Fernández
– Premio “Pescadilla”: Marilís Otero
– Premio Fidelidade:
Mercedes Astorga

 

Nesta edición, o xurado dos premios estivo composto por os membros do grupo organizador do Entroido 2017.

Agasallo conmemorativo

Durante o acto tamén se o repartiu un agasallo conmemorativo para premiar a participación de todas as comparsas e carrozas, que este ano consistiu nunha carpeta personalizada con motivos do Entroido de Verín na que se inclúen as reproduccións impresas (30 en total) dos carteis oficiais destes festexos dende o ano 1988 ata o ano 2017.

Emilia Somoza quixo agradecer a Juan Ramón Fuentes (Estanco Verín 1) ”que nos prestara o material histórico necesario para a elaboración deste orixinal agasallo”.