mercedes-astorga_c

Mercedes Astorga, pregoeira do Entroido 2018

230A festa continuará o vindeiro día 4 de febreiro co tradicional Domingo de Corredoiro. A partir das 11:30 horas, o son de chocas alagará as rúas de Verín coa popular concentración de Cigarróns na Praza do Concello. Como é tradición, os/as fregueses/as serán recibidos á saída das igrexas RR.PP Mercedarios e Parroquial polos cigarróns.
Por outra banda, e como novidade, ás 13:30 horas, terá lugar na Praza Maior o Pregón do Entroido, que este ano correrá a cargo da entroideira verinesa Mercedes Astorga, unha das principais impulsoras do tradicional “Xoves de comadres” de Verín.

As charangas Támega e Vakapinta, a Disco-mobil Gramola e o grupo Aramiomarcarán o ritmo durante toda a xornada.