A  Asociación Cultural do Cigarrón de Verín naceu no ano 1997, tendo coma primeiro presidente a D. Alberto Prieto Prieto. No ano 2007 e despois de dez anos de un impecable e intachable traballo constituiuse unha nova xunta directiva.

Cigarróns o sábado de EntroidoDirectiva actual da Asociación o Cigarrón:

  • José Manuel González “Checa”, Presidente. E-mail: asociacioncigarron@hotmail.com
  • Juan Álvarez “Xoan da Botica”, Vicepresidente.
  • Miguel Ángel González “Halcourier”, Secretario.
  • José Luis Francisco “Chelisuco”, Tesoreiro.
  • Vocais: D. Manolo Silva “Prote”, D. Álbaro Ferreira “Artesán”, D. Modesto Meno “Mou”, e D. Oscar M. Álvarez “Caridad”.

Os fins da nosa asociación son os seguintes:
– Investigación, conservación, promoción, protección, fomento e desenrolo da figura do Cigarrón.
– Participar e promover todo tipo de actividades, charlas, conferencias, etc…
– Redactar e aprobar o patrón das características básicas que debe cumprir a figura do Cigarrón, e falicitar información a todas as persoas que desexen coñecelas.
– Participar, colaborar e promoción de todas aquelas tradicións locais, sobre todo as máis vencelladas ao Entroido, así coma a colaboración das nosas festas.
– Colaborar o museo do Entroido Galego.
– Participación en todo tipo de actos culturais.

20121102_091747 Compostela X 26012010

 

Obxetivos:
A sete de abril do 2009 a Secretaría de Estado de Turismo, concedeu ao Entroido de Verín o título de Festa de Interese Turístico Nacional, grazas ás máis de vinte actuacións levadas a cabo en dous anos, entre outros lugares coma: Madrid, Pamplona, Alicante, Pontevedra, A Coruña, Lisboa.
A nosa intención é chegar a ser declarados Festa de Intese Turístico Internacional, para o que precisamos ter realizadas accións promocionais en cinco países. Ata agora xa levamos tres así que cada día quédanos menos.

Obradoiro-do-cigarron

Actividades:
– A maiores de toda a promoción do Cigarrón en distintos lugares (Máscara Ibérica, Feiras turísticas, etc…) colaboramos activamente no obradoiro do Cigarrón que ven realizando anualmente o Concello de Verín.
– Charlas e conferencias.

“CARTA DO PRESIDENTE”

Entroideiros e entroideiras:

Benvidos un ano máis ao Entroido de Verín, un dos máis ancestrais, orixinais e participativos de toda Galicia. Moitos xa me coñecedes, chámome José Manuel González Carnero, ‘Checa’, e dende o ano 2008 son o presidente da checaAsociación Cultural ‘O Cigarrón’, unha entidade que naceu no ano 1997 para promocionar a figura emblemática do ‘cigarrón’ e o noso Entroido.
Como presidente desta asociación e cigarrón veterano quero agradecervos a todos e todas a vosa participación como cigarróns, mascaritas e capuchóns nestes días de troula e festa popular. Como ben sabedes a figura máis significativa do Entroido de Verín é o Cigarrón. Non só se encarga de por orde durante os desfiles do Domingo Gordo e Martes de Entroido, senón tamén que escolta a Raíña do Entroido e Don Carnal durante o percorrido do Xoves de Comadres, desde a Casa do Escudo ata a praza Maior.
Aínda que tamén temos os nosos días propios: o Domingo de Corredoiro e o Sábado de Entroido. No primeiro deles, convertémonos en protagonistas absolutos da xornada festiva, co saúdo aos fregueses, veciños e visitantes a saída das misas. Mentres que no segundo, cedemos a testemuña aos novos membros da asociación, no ‘Bautizo do Cigarrón’, no que todos os anos tres cigarróns son vestidos con todas as honras e baixo a mirada atenta da Raíña, Dona Elena, e Don Carnal.
Pero quero recordarvos que ademais de por orde temos que facernos respectar, con orgullo e distinción, e que todos os detalles do noso traxe deben ser coidados con máximo esmero. Unha labor da que non só nos encargamos os membros desta asociación senón tamén o Concello de Verín, mediante a realización dun obradoiro artesanal no que se ensina o proceso de elaboración deste traxe emblemático e singular do Entroido.
E para despedirme, só dicirvos que gocedes do Entroido e que en todo val soen as vosas chocas e os gritos de ledicia de todos os veciños e visitantes que acoden, ano tras ano, a esta cita lúdica.

José Manuel González “Checa”, Presidente