Entroido de Verín, Festa de interese Turístico Nacional. Non sabes por que?

Somos parte do Triangulo Máxico. E dicir, ENTROIDO, con maiúsculas. A nosa festa dura 9 días, pero o noso sentimento entroideiro non se apaga nos 365 do ano...

O Cigarrón é a figura máis respectada do noso Entroido, e pola conta que nos trae, pois a súa zamarra non é só un adorno. O Domingo de Corredoiro saen por primeira vez todos os cigarróns vestidos nun desfile que nos deixa a ninguén indiferente.

O día grande é o Xoves de Comadres, momento no que as mulleres da vila toman as rúas para vivir a súa noite. Pero será po días de festa: xoves de compadres, venres de compadreo, luns, domingo e martes de Entroido cos seus coloridos e divertidos desfiles, Domingo de Piñata...

Charangas, máscaras, capuchóns, torta de cigarrón, orellas, atraccións, orquestras, folión, troula, troula e máis troula. O Entroido de Verín hai que vivilo. Non o cres?