“Non hai dous sen tres”, cartel gañador do Entroido 2018.

anuncio-cartaz-ganador

O cartel presentado baixo o lema “Non hai dous sen tres” resultou gañador do concurso do Cartel Oficial do Entroido 2018, segundo o reconto da votación popular celebrado o día 19 de decembro na Sala de Exposicións do Concello e Verín.

No proceso de votación participaron un total de 396 persoas que puideron valorar con 3, 2 e 1 punto os tres deseños que máis lles gustaron, dos 14 carteis que concursaban para imaxe oficial do Entroido 2018.

Entre a suma dos votos da veciñanza, o cartel que máis puntuación acadou foi o número 5 titulado “Non hai dous sen tres”, de Manuela Álvarez Rojas.

A acta, que reflexa o reconto das votacións, está a dispor do público na Casa Consistorial.