SONY DSC

A partir das 11:30 horas, o son de chocas alagará as rúas de Verín coa popular concentración de Cigarróns na Praza do Concello. Como é tradición, os/as fregueses/as serán recibidos á saída das igrexas RR.PP Mercedarios e Parroquial polos cigarróns. Ás 13:30h na Praza Maior terá lugar o Pregón.

As charangas Los Támega, Tómalle outra e Noroeste marcarán o ritmo durante toda a xornada; e o Grupo Aramio e a Discomóbil A Gramola amenizarán a festa na Praza Maior, entre as 18:30 e as 23:00 horas

⇐ Volver ao índice