Entrega de premios Entroido 2016

A celebración do Domingo de Piñata pecha a semana grande  do Entroido de Verín 2016.

Dentro das actividades desta xornada festiva tivo lugar un o tradicional xantar das comparsas e carrozas no que se realizou o reparto das placas conmemorativas para premiar a participación de todas as comparsas e carrozas e a entrega dos seguintes galardóns por parte de Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde de Verín, Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde, as concelleiras de cultura e turismo, Emilia Somoza e Purificación Caldelas, José Manuel González Checa e María Luísa Castro.

ENTREGA-PREMIOS-ENTROIDO-VERIN-2016_web– Premio Cigarrón de Honra: Oscar Álvarez González
– Premio “Pescadilla”: Juan Álvarez Álvarez
– Premio Fidelidade:
Benito Salgado Delgado
O xurado dos premios estivo composto por Emilia Somoza, concelleira de Cultura,Víctor Manuel Baladrón Lamas, concelleiro da oposición, José Manuel Golzález Checa e Ramón Prieto.