O Concello de Verín abre a tenda oficial do Entroido 2023
Mañá xoves 9 de febreiro, o Concello de Verín abre o público a súa tenda oficial do Entroido situada na Praza García Barbón. Esta iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para financiar devanditos festexos.
Na tenda, que abrirá en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, veciños e visitantes poderán adquirir sudadeiras, camisetas, bolsas, panos, bragas, cuncas, imáns, pins e chapas; todos eles, co emblema identificativo do Entroido de Verín 2023.
Os prezos dos produtos son os seguintes:
- SUDADEIRAS: 25 €
- CAMISETAS: 15 €
- PANOS: 5 €
- BRAGAS: 6 €
- BOLSAS: 8 €
- CUNCAS: 8 €
- CHAPAS: 2 €
- IMÁNS: 1 €
- PINS: 1 €