Pola mañá, a partir das 11:45 horas, os nenos e nenas das CEIPs Amaro Refojo, Augusto Asía da Mezquita, Castrelo do Val, Medeiros, Princesa de España, Ríós- Vendas da Barreira, Rodolfo Núñez de Vilardevós, CPR María Inmaculada, CRA Monterrei, Casas Niño de Castrelo do Val, Cualedro
(Aprendo Xogando), Albarrellos (Aloumiño), Vilardevós ( Lalá), Gardería da Asociación Tres Reinos A Mezquita, Gardería Piñocho, Kero Kolo do Concello de Verín, IES García Barbón e Taboada Chivite percorrerán as rúas máis céntricas de Verín no Desfile Infantil de Entroido.
Do mesmo xeito que o ano pasado, o desfile comezará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá e seguirá polas rúas Deputación, Luís
Espada e Lisa, para finalizar nas Praza Maior. Nesta ocasión o desfile contará coa música da Banda de Gaitas do Concello de Verín e das charangas Los Támega, Jalácticos, Mil9, A Chicoria e Terra de Trives.
E pola noite, mandan as mulleres. Tras as tradicionais ceas das comadres nos restaurantes da vila, amenizadas polas charangas Los Támega, Jalácticas, Mil9, Europa, Noroeste e Terra de Trives, as mulleres dirixiranse á Casa de Escudo, no barrio de San Lázaro, onde, sobre as 00:30, partirá a procesión.
A partir das 00:00 horas estarán xa animando na Praza Maior as Discomóbiles Enjoy e Gramola. En San Lázaro, a Raíña recibirá a comitiva encabezada por Don Carnal que descenderá polo camiño Real e dirixiranse a Praza Maior onde tras o saúdo da Don Carnal e a Raíña a festa continuará a partir da 1:00 da madrugada na Praza Maior coa Orquestra La Oca.