[:gl]

Os Entroidos en Verin

1900 – 1989

PRESENTACIÓN

Cando en novembro do pasado ano (1.989), presentabamos a exposición fotográfica » Verín, antaño y hogaño» e o libro «Verín de Antaño», faciámolo coa pretensión de comenzar unha dinámica de recuperación da identidade local.

Nesas coordenadas insértase «Entroidos en Verín: 1900-1989», exposición e libro co que pretendemos divulga-lo o pasado máis recente dunha manifestación cultural que ten no noso municipio unhas características peculiares.

Testemuña gráfico-periodística de noventa anos de carnavalada local, a iniciativa que hoxe se presenta ó público, realizouse gracias á colaboración de ducias de veciños que prestaron desinteresadamente ó Concello os seus recordos fotográficos, testemuñas escritas dos nosos corresponsais de prensa ó largo do presente século e opinións de algúns de aqueles que fixeron e fan Entroido en Verín.

A falla de estudios históricos, sociolóxicos e antropolóxicos sobre os anos que abarca «Os Enroidos en Verín», esta crónica, baseada en imaxe e comentarios, non pretende suplir esas carencias.

Esperando que suscite interese e debate sobre algo tan querido pola inmensa maioría dos verinenses, gracias a todos pola vosa colaboración, tanto ós que aportáchedes materiais e opinións como ós que compráde-la publicación, nesta obra solidaria de recuperación do pasado local.

Verín, febreiro de 1990

Santiago Cid Harguindey (Alcalde-Presidente do Ilm. Concello de Verín)

 [:es]

[:]